Malpica comeza a traballar en actividades fronte ao 8 de marzo

1 minutes read

O Concello de Malpica xa comezou a traballar na programación do 8 M con talleres sobre olería. Celebraranse os sábados 8 e 15 de febreiro a partir das 16:00 horas na Casa do Oleiro, onde participarán de maneira desinteresada algunhas das persoas expertas en olería de Buño, así como o Concello e o departamento de Igualdade, entre outros. Comeza así a conta atrás para unha das xornadas reivindicativas en clave feminista, como é o 8 de marzo. Este día naceu en 1914 en Alemaña, Suíza, Austria ou Dinamarca como reivindicación á situación armamentística que sufría Europa. A ONU institucionalizouno en 1975.Con esta serie de talleres comeza a conta atrás para a celebración do Día Internacional da Muller. Ademais, faise cun elemento vertebrador fundamental para o pobo: olería de Buño.