- O local sufrirá unha reforma integral para mellorar as súas prestacións
O alcalde de Malpica, Walter Pardo, mantivo unha reunión este xoves co presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, para abordar, entre outros asuntos, o proxecto para a rehabilitación do centro sociocultural de Buño.
Pardo e Formoso concretaron a colaboración entre as administracións para emprender a actuación, que basicamente consistirá na reforma integral da dependencia para mellorar as súas prestacións e poder acoller máis actividades.
O alcalde agradeceu a colaboración da Deputación na rehabilitación dun local que é “o centro de referencia de Buño”, e que ademais revitalizará o tecido asociativo da parroquia.