Malpica conmemorará o 25N coa proxección dun vídeo no que participan as asociacións da vila

1 minutes read

O Concello de Malpica conmemorará este 25N o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller coa lectura do manifestó, as 12:00 horas diante do consistorio, e posteriormente visualizarase no salón de plenos un vídeo no que participaron as seguintes asociacións do Concello:

Clubs de fútbol Buño, Cerqueda masculino e feminino, Seaia, Malpica, Veteranos de Leiloio e Malpica Asociación Malante, Asociación Raigañas, Asociación Carcaxía, Club de Patinaxe Velúa, surf Malpica «One Surf Academy», as Redeiras O Peirao, a Asociación do Cancro de Malpica, Asociación de Oleiros, a Asociación Visibles.

Dende o Concello recordan a axuda que atoparán as vítimas nas canles oficiais. Nese senso, a concellaría de Igualdade pode ser o primeiro paso.