Malpica conta con dous novos axentes de Policía Local

O alcalde de Malpica, Eduardo Parga Veiga, achegouse este martes ata a Academia Galega de Seguridade Pública para saudar e compartir momentos durante a graduación dos axentes Alberto Fernández e Diego Mínguez. 

Estes profesionais, que  foron seleccionados mediante o convenio establecido entre o Concello e a Academia Galega de Seguridade, comezan a traballar desde este mércores en Malpica.

Con estas novas incorporacións o Concello de Malpica mellora a seguridade e a atención á cidadanía na vila.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha