Malpica contratará oito peóns para a limpeza de praias

0 minutes read
  • O prazo ábrese este mércores e rematará o 8 de xuño

O Boletín Oficial da Provincia da Coruña publicou este martes as bases para a contratación temporal de oito peóns no Concello de Malpica para a limpeza de praias. A duración do contrato estará determinada polos propios servizos, se ben non poderá superar os dous meses e quince días.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto dende este mércores ata o día 8 de xuño. Un dos requisitos para anotarse é ter cumpridos os 16 anos.