34
- Solicitados pola Asociación de Hostaleiros, desenvolveranse durante os meses de abril, maio e xuño
A concellaría de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes do Concello de Malpica pon en marcha cursos de formación de inglés dirixidos a persoas que traballan na hostalería ou son propietarias deste tipo de locais co obxectivo de incrementar as súas competencias lingüísticas e dar mellor servizo á cliente.
As clases, solicitadas pola Asociación de Hostaleiros de Malpica, desenvolveranse os luns e mércores, de 18:30 a 20:00 horas, durante os meses de abril, maio e xuño.