Malpica da a coñecer un oficio fundamental no ámbito da pesca “As redeiras e o mar. Artesás atlánticas”

A exposición “As redeiras e o mar. Artesás atlánticas” no Centro de Artesanía e Tradición (CAT) é unha homenaxe ás redeiras da Costa da Morte e por extensión, ás de toda Galicia.

O seu é un oficio artesanal esencial para o sector da pesca pero que ata comezos do s. XXI, coincidindo co accidente do petroleiro Prestige, non comezou a visibilizarse. Desde entón, organizadas en colectivos, defenden os seus dereitos laborais e valoración social dos seu traballo.

Neste documental poderás coñecer por que este é un oficio imprescindible, a súa relación co resto de profesións do porto e, sobre todo, as artes, aparellos e trampas de pesca que confeccionan, que tipo de barcos as usan e como, e as especies que se capturan con elas.