Malpica de Bergantiños avanza no seu irmandamento con Malpica de Tajo

Cedida.

Malpica de Bergantiños e Malpica de Tajo avanzan no seu futuro irmandamento, que cada vez está máis próximo. O primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Turismo, Alfredo Cañizo, desprazouse ata o municipio homónimo, sito en Toledo, onde estivo varios días coñecendo o Concello manchego para concretar os detalles dun acordo no que se traballa xa dende hai uns anos.
Cañizo relacionouse con distintas personalidades. Entre elas, o párroco da igrexa, ó que lle entregou un cáliz da olaría de Buño que foi bendito polo papa Benedicto XVI na súa visita a Santiago de Compostela no Ano Santo 2010. Alfredo repartiu máis pezas feitas polo oleiros malpicáns para que coñezan a artesanía da vila bergantiñá.

MALPICA EN FITUR

O Concello de Malpica non levou unha programación como tal a FITUR, pero os concelleiros Alfredo Cañizo e Miguel Fernández non perderon a oportunidade de coñecer as tendencias en turismo e, de paso, convidar á localidade a certas personalidades como o presidente do Partido Popular, Pablo Casado; o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, ou a conselleira de Pesca, Rosa Quintana.