- Foron nove as representacións levadas a cabo dende finais de outubro
A compañía Talía Teatro clausurou este venres a 17ª Mostra de Teatro de Malpica coa súa obra ‘Vida de cans’, unha comedia dirixida principalmente ao público adulto e que contou coa actuación de Toño Casais, Diego Trillo e Artur Trillo baixo a dirección de Cándido Pazó.
Nesta edición proxectáronse nove espectáculos de recoñecidas compañías galegas desde finais do mes de novembro, acollendo cada venres multitude de espectadores.