Malpica destacou na fin de semana cunha nova celebración das Festas do Mar

1 minutes read

Malpica gozou esta pasada fin de semana dos seus días grandes das Festas do Mar. Veciños e achegados puideron desfrutar do bo tempo e a boa música a cargo de grandes orquestras e grupos. A Asociación Cultural e Deportiva Mallas da Area, en combinación co Concello, fixo un enorme esforzo e dedicación para ter unhas Festas do Mar inesquecibles, quenes con moita implicación e entusiasmo contribuiron a manter viva esta tradición tan arraigada á vila. A procesión marítima e os fogos artificiais puxeron o broche de ouro a edición deste 2025. Pero ademáis cumpre ter en conta outras actividades, como foi a recepción por parte do alcalde, Eduardo Parga, aos nenos e nenas saharauís que se atopan na Costa da Morte a través do programa “Vacacións en Paz”, acompañados polas súas familias de acollida, unha delas de Malpica. O alcalde convidounos a que tamén participasen dunha das tradicións máis importantes para Malpica: a procesión da Virxe do Carme. E así foi, embarcaron no Novo Castelao, que este ano tivo a honra de levar á Santa polo mar.

Nenos e nenas saharauís que se atopan na Costa da Morte_CM.