- O alcalde, ante inicio do curso escolar, pide «respectar as medidas sanitarias en todas as situacións»
O Concello de Malpica adicou unha partida de 43.606, 11 euros para a reforma integral da Galiña Azul do municipio, un espazo que conta cunha gran demanda por parte da veciñanza.
As obras consistiron na reparación e substitución de todos aqueles elementos defectuosos tanto interiores como exteriores do inmoble. Entre as actuacións atópanse a mellora do pavimento dos patios exteriores, a protección solar da sala polivalente, a substitución das billas dalgunhas aulas ou un tratamento impermeabilizante nas fachadas.
Coincidindo co inicio do curso escolar, desde o Concello destacan «o importante salto cualitativo que suporán estas intervencións, e que ademais nos axudarán a crear espazos máis diáfanos e amplos, que nos axudarán no tema sanitario».
O alcalde, Walter Pardo, insiste na petición de «respectar as medidas sanitarias no total de situacións diarias, xa que con pequenos xestos podemos facer grandes accións».