Malpica e limpOcean convocan unha nova xornada de limpeza na praia de Seaia


O Concello de Malpica considera que é fundamental levar a cabo a limpeza nas praias para a retirada de moitos refugallos mariños sobre todo plásticos dos areais da vila. Dentro do proxecto #malpicalibredeplásticos o concello chama a unha nova xornada de participación na limpeza de lixo mariño que se levará a cabo o vindeiro domingo, 20 de novembro, de 11:15 á 13:30 horas. As persoas interesadas deben apuntarse co nome, apelidos, DNI e teléfono de contacto no correo: eventos@limpocean.com. Poden participar adultos e adultas. Tamén nenos e nenas, pero acompañados dunha persoa maior.