Malpica encherá o ceo de papaventos para visibilizar a saúde mental

Co gallo do Día da Saúde Mental, o Concello de Malpica e a Fundación Salma organizan esta fin de semana unha exhibición de papaventos.

Baixo o lema “non lle deas as costas á túa saúde mental”, o domingo ás 12:00h da mañá o paseo marítimo da Praia de Malpica reunirá a todos aqueles que queiran participar nesta iniciativa para visibilizar a importancia que ten coidar a saúde mental.

O ceo encherase de papaventos por unha boa causa e, se algunha persoa quere unirse ao acto e non ten papaventos, que non se preocupe porque o concello porá un á súa disposición para que ninguén quede fóra desta actividade.

Cabe destacar que o Concello de Malpica estivo traballando no Acordo pola mellora da Saúde Mental Infanto-Xuvenil de Galicia, que ten como obxectivo ofrecer propostas que axuden a mellorar os servizos socio-sanitarios e educativos que participen no coidado da saúde mental dende unha visión integral da mesma. O documento, que recolle as principais medidas expostas entre abril e setembro de 2022, divide as propostas en catro bloques: máis recursos, máis coordinación, mellor prevención e máis previsión.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha