Malpica | Entregados os premios do Concurso de Escaparates de Nadal

1 minutes read
  • Floristería Lolita gañou o primeiro premio deste certame organizado polo Concello de Malpica

O Concurso de Escaparates de Nadal 2020 en Malpica, organizado polo Concello, xa ten gañadores. O primeiro premio foi para Floristería Lolita, o segundo recaeu para o salón de peiteado Ana Ures, e Calzados LC levouse o terceiro.

O xurado, composto polos concelleiros Sergio García e Alfredo Cañizo, ademais de pola técnico de Turismo, destacou “o alto nivel deste ano, coas conseguintes dificultades á hora de valorar a quen lle ían ser outorgados os galardóns”.

A valoración dos escaparates fíxose sobre unha cualificación total de 50 puntos e tendo en conta os seguintes criterios de avaliación: calidade artística, composición, creatividade, orixinalidade e iluminación e utilización de elementos tradicionais do Nadal.

O primeiro premio consta de 300 euros, o segundo de 200 euros e o terceiro, de 100 euros. Participaron, ademais, o salón de peiteado Espellos, Tía Carmen, Cartafol, Floristería Mayca, Xoiaría Pallas e Lolas, a quen desde o Concello lles agradecen “a súa participación neste concurso, por elevar o nivel e por darlle un toque de alegría a uns tempos moi complexos”.