Malpica entregou os premios da campaña «Merca Primavera» cun sorteo en directo no Salón de Plenos

Este venres, ás 11.00 horas,  celebrouse no Salón de Plenos do Concello de Malpica o sorteo da campaña de dinamización comercial «Merca Primavera», promovida pola Concellaría de Promoción Económica co obxectivo de apoiar o comercio local e incentivar as compras nos establecementos do municipio.

O sorteo, que foi retransmitido en directo a través do Facebook  do Concello, repartiu cinco tarxetas regalo de 200 euros entre as persoas participantes que realizaron compras entre o 15 e o 31 de maio nos negocios adheridos á campaña.

Estes foron os números premiados e os establecementos nos que foron emitidos:

  1. 71026 – Lotería Pedra de Ouro
  2. 43046 – Lotería Pedra de Ouro
  3. 25492 – Farmacia Atlántico
  4. 60958 – Peluquería Marta
  5. 26592 – Farmacia Buso

No caso de que algún dos premios non sexa reclamado dentro do prazo establecido, activaranse os seguintes números de reserva:

  1. 0139 – A Tenda de Vitora
  2. 11701 – Carnicería Lola
  3. 43200 – Lotería Pedra de Ouro
  4. 6438 – Aliverixa
  5. 73909 – Gasolineira Cerqueda
  6. 45695 – Peluquería Ana Ures
  7. 11220 – Carnicería Lola
  8. 43570 – Lotería Pedra de Ouro
  9. 38126 – Gasolineira Cerqueda
  10. 60959 – Peluquería Marta

As persoas agracidas deben achegarse ao Concello de Malpica coa rifa premiada e o DNI.  A campaña «Merca Primavera» forma parte das accións impulsadas polo Concello para promover o consumo de proximidade e dinamizar o tecido comercial malpicán.

Related posts

O presidente da Xunta participou no Interreg Cooperation Day 2025, celebrado este venres no Miradoiro de Fisterra

Carballo impulsa o programa C4S para fortalecer os negocios turísticos locais

A Xunta avalía os dous últimos proxectos desenvolvidos polo GALP Costa da Morte