A organización da tradicional Regata Illas Sisargas, que chegaba á súa 34 edición, decidiu suspender a proba debido ás previsións do vento da fin de semana. A competición queda aprazada e nos proximos días comunicarase unha nova data para a celebración do evento.
Esta fin de semana a praia de Malpica acollía a XXXIV Regata Illas Sisargas – XVII Memorial Pucho Bermúdez de Castro, un evento deportivo que tamén se fará en memoria dos seus precursores: José Luis Arcay e Juan Manuel Vázquez.
O sábado celebrararíase a regata inversa, con saída prevista entre as 13.45 e as 14.00 horas. A saída do domingo será ás 12.00 horas. Pola tarde, sobre as 20.00 horas, terá lugar a recepción e entrega de premios aos gañadores da etapa Coruña-Malpica.
Na competición podía participar calquera cruceiro a vela dun só casco, cun mínimo de eslora de 6,49 metros. Non se admiten embarcacións cun GPH superior a 780 seg/milla. A inscripción estará aberta ata este mércores, ás 19 horas, e pode formalizarse aquí.