Malpica | Este martes resolverase o concurso ‘Merca Local no Nadal’

0 minutes read
  • O sorteo será ás 17:00 horas e entregaranse cinco tarxetas agasallo con 200 euros cada unha

O Concello de Malpica celebrará este martes un sorteo en vivo para obter o nome das cinco persoas gañadoras do concurso ‘Merca Local no Nadal’, no que se entregarán cinco tarxetas agasallo con 200 euros cada unha. Será ás 17:00 horas e realizarase na conta oficial de Facebook do Concello.

Estas tarxetas só poderán consumirse nos establecementos adheridos á campaña, e terán unha validez de dous meses desde a súa entrega..

Será obrigatoria a presentación das papeletas que resulten gañadoras.