Malpica | Este venres, presentación de ‘Edénicas’, obra gañadora do XVI Certame Illas Sisargas

Ganadora del XVI Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas, Andrea Fernández Maneiro_Concello de Malpica

  • O acto desenvolverase na Casa do Pescador a partir das 19.00 horas

Andrea Fernández Maneiro, autora da obra Edénicas, gañadora do XVI Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas, presentará este venres o seu libro. Será na Casa do Pescador ás 19.00 horas. Esta acción cultural, englobada na programación Malpica nun mar de letras, está organizada pola Asociación Cultural Caldeirón. Participará tamén Charo Pita, membro do xurado do certame.

A escritora recibiu o premio durante a XVI edición do recoñecido concurso, que se celebrou no mes de novembro do ano pasado. O xurado elixiu como gañadora a obra de Fernández Maneiro polo «seu sutil erotismo e pola súa luz poética», sinalan desde o Concello.