- En coordinación coa empresa Syryl búscase minimizar a fenda dixital nestes momentos de crise sanitaria
O Concello de Malpica fixo entrega de tarxetas de datos para as familias con menos recursos, facendo así posible que a rapazada dos núcleos familiares con menos recursos poidan seguir ampliando coñecementos e seguir as clases de forma telemática.
En coordinación coa empresa Syryl, que rexenta un veciño malpicán, preténdese minimizar a fenda dixital que supón a etapa de confinamento e de asistencia a clase de maneira telemática, así como acceder a contidos educativos única e exclusivamente a través de Internet.
A concelleira de Educación, María Álvarez, destaca que “lles fixemos chegar estas tarxetas para que puidesen ter acceso a Internet. Unha crise sanitaria produce moita desigualdade e é a nosa tarefa minimizala en todo o que poidamos”, sinalaba a edil.
Pola súa banda, o alcalde de Malpica, Walter Pardo, quixo agradecer a “Syryl que nos facilitase este material. En coordinación tanto con eles como cos centros educativos, podemos facer chegar os contidos á rapazada que por diversos motivos non pode consultar».