Malpica felicita ao CEIP Milladoiro pola consecución do Premio por proxectos

0 minutes read

O Concello de Malpica quixo felicitar ao CEIP Milladoiro pola consecución do Premio por proxectos que se lle outorgou recentemente ao centro, un galardón a nivel autonómico por “O mar que nos dá!”. O alcalde, Walter Pardo, e a concelleira de Educación e Medio Ambiente, María Álvarez, visitaron na mañá deste venres o centro escolar, no que puideron felicitar persoalmente ao seu corpo directivo, encabezado por Olga Rodríguez.