Malpica | Finalizadas as obras de renovación do pavimento e servizos na Rúa A Vista, en Seaia

O Concello de Malpica informa de que esta actuación, incluída no Plan Único de Concellos POS+ 2023 da Deputación da Coruña, contou cun investimento total de 130.000 euros (IVE incluído).

Os traballos realizados permitiron a renovación  do pavimento e servizos. 

Estas melloras supoñen un avance significativo na modernización da infraestrutura viaria da zona, incrementando a seguridade viaria, favorecendo a mobilidade e contribuíndo ao benestar da veciñanza de Seaia.

Related posts

Carballo impulsa ‘Camiñando Xuntas’, un programa de encontro e empoderamento para mulleres

A parlamentaria socialista Patricia Iglesias acusou á Consellería de Educación de “tomarlle o pelo” á cidadanía de Cee

A Agrupación Deportiva Un Paso Máis renova o seu convenio coa Fundación «La Caixa»