- O evento celebrouse no restaurante O Esqueiro o pasado venres
Con motivo da festividades de Santa Rita de Casia, patroa dos funcionarios da Administración local, desde o Concello de Malpica decidiron organizar unha comida en homenaxe aos traballadores municipais xubilados. O evento celebrouse o pasado venres no restaurante O Esqueiro.
Ao acto asistiron Asunción Loureiro Garrido, Ernesto E. Mancebo, Martínez, Carlos Otero Arévalo, Antonio Ures, Carmen Otero Pereira, Jesús A. Fernández Rama, Amado Segade Santos e José Ramón Baldomir. Tamén participaron funcionarios e membros da corporación municipal.