Malpica homenaxeará a tres deportados a campos de concentración nazis

O Concello de Malpica organiza xunto coa Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica – ARMH e en colaboración da Confraría de Pescadores de Malpica, un acto en homenaxe aos tres veciños do municipio que foron deportados ao campo de concentración nazi de Mauthausen, eles foron:

🔸 Antonio Suárez Blanco «Coruña».

🔸 Luís Rodríguez Villa «Luís de Rogita».

🔸 Antonio Fariña Chouciño «Antonio da Rosa».

O acto virá acompañado da presentación do libro «Aquela xente digna», escrito por Héctor Pose e financiado pola Deputación Provincial da Coruña. O programa incluirá, así mesmo, a inauguración dunha placa na súa memoria.

O evento terá lugar o venres, 21 de agosto, desde as 20.00 horas na Casa do Pescador.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha