Malpica humaniza a rúa Igrexa por 85.000 euros

Rúa da Igrexa_Concello de Malpica

  • Realizarase unha nova rede separativa de saneamento para substituír á existente, que se atopa moi deteriorada

O Concello de Malpica investirá 85.459,72 euros nos traballos de humanización da rúa Igrexa, co obxectivo de que “o peón cobre protagonismo fronte ao tráfico rodado”, tal e como sinala o rexedor, Walter Pardo.

A rúa reducirase no ancho no relativo ao tráfico e ampliarase a zona peonil, continuando así co resto de proxectos de reforma integral realizados no municipio como os das rúas Garda Civil José Antonio Pardines, Doutor Fleming e a Travesía de Emilio González López; e que se pretende continúen cara a rúa Vila Fano e Emilio González López.

Para obter este resultado procederase a retirar o mobiliario existente, demoleranse os pavimentos existentes e realizarase unha nova rede separativa de saneamento que substituirá á existente, actualmente moi deteriorada.