Malpica impulsa o deporte no Nadal con diversas actividades


A Concelleira de Deportes, Noelia Freijeiro Novo, presentou as actividades programadas para estes días de Nadal que abarcan diferentes disciplinas deportivas que van dende o atletismo, volei, tenis de mesa, danzas urbanas ou torneo fútbol 3×3.

O prazo de inscrición xa está aberto e o calendario é o seguinte:

  • CONTROL MARCAS ATLETISMO
    20 de decembro para nenos e nenas a partir de 10 anos de 16.30 a 18.30 horas no Pavillón Municipal
    Inscricións ata o 19 decembro
  • CLINIC DE VOLEI
    27 e 29 de decembro para nenos e nenas a partir de 10 anos de 10.30 a 13.30 horas no Pavillón Municipal
    Inscricións ata o 23 decembro
  • TORNEO TENIS DE MESA
    30 de decembro para nenos e nenas a partir de 10 anos de 16.30 a 18.30 horas Pavillón Municipal
    Inscricións ata o 27 decembro
  • DANZAS URBANAS E DJ
    30 de decembro para nenos e nenas a partir de 10 anos e maiores de 14 anos de 19.00 a 21.00 horas no Centro Cívico
    Inscricións ata o 27 decembro
  • TORNEO FÚTBOL 3X3
    3 de xaneiro para nenos e nenas a partir de 7 anos de 10.30 a 13.30 horas no Pavillón Municipal
    Inscricións ata o 27 decembro

A asistencia será de balde, sempre baixo inscrición previa a través do Rexistro Xeral do concello, chamando ao teléfono 981720001 ou enviando un correo electrónico a auditoriodemalpica@gmail.com
Os formularios xa están a disposición das persoas interesadas no Concello de Malpica e tamén na seguinte ligazón: https://www.concellomalpica.com/o-concello-de-malpica-impulsa-o-deporte-no-nadal-con-diversas-actividades/