Malpica inaugura a sala expositiva “Non canto por cantar”

O alcalde de Malpica, Eduardo Parga, inaugurou este martes o novo espazo expositivo “Non canto por cantar” no Centro de Artesanía e Tradición (antigo Centro Comarcal de Bergantiños). Abriu as portas cunha intervención do rexedor que lembrou a importancia de ter presente a historia, ao tempo que transmitiu o seu pesar polo falecemento do primeiro alcalde, en democracia, de Malpica, Luis Cancela Vecino “un home que fixo moito polo Concello, aínda lembro que foi o responsable de instalar o primeiro alumeado público de Malpica”. No acto tamén interveu a concelleira de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes, Noelia Freijeiro, cuxo departamento é responsable da organización da mostra. Unha exposición que reúne imaxes gráficas e documentación que percorren a historia da música e baile tradicional de Galicia e que aínda se mantén vivo a través das actuacións dos mozos e mozas. Asemade fixo entrega dun agasallo a Mar de Bouzas en recoñecemento ao seu compromiso e traballo para a realización da mostra. O acto contou coa participación e actuacións das asociacións locais Raigañas, Malante e Carcaxía que interpretarán pezas do Concello de Malpica.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha