Malpica | Inaugurada a exposición da Galería Vinte Vinte

O Mercado Municipal de Malpica acolleu este sábado 2 de xaneiro, a inauguración oficial da exposición «Galería Vinte Vinte», á que acudiron o alcalde, Walter Pardo, a concelleira de Cultura, Leticia Varela, o concelleiro de Obras, José Ángel Garrido, o concelleiro de Deportes, Miguel Varela, e algunhas das persoas autoras das instantáneas expostas.

Reflectir como foi o confinamento en Malpica. Ese foi o obxectivo que a Concellería de Cultura buscaba cando puxo en marcha o concurso Galería Vinte Vinte. Neste certame, participaron decenas de veciños e veciñas que amosaron, a través de fotografías, como era o seu día a día durante o illamento pola covid-19. Agora, estas imaxes conforman esta exposición no Mercado Municipal de Malpica. Este sábado, durante o evento de presentación, levouse a cabo a entrega de premios ás persoas gañadoras deste concurso:

  • “Tormenta no mar” de Sara Tasende (categoría persoas adultas).
  • “A nova normalidade” de Paula Anido (categoría xuvenil).
  • “Tempo de calma” de Antonio Varela (categoría persoas adultas).
  • “Amencer no porto” de Marisol Nieto (categoría persoas adultas).
  • “Incerto” de José Manuel Rodríguez (categoría persoas adultas).
  • “Cerqueda desde a xanela” de Raquel Bello (categoría persoas adultas).

A mostra estará dispoñible, polo menos, durante un mes durante o horario de atención ao público da instalación.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha