Malpica | Incluída na Campaña da Neve 2024 para mozos/as da Deputación da Coruña

O Concello de Malpica foi incluído no programa Campaña de neve 2024 da Deputación da Coruña que transcorrerá dende o 26 ao 29 de xaneiro. Serán catro días na estación invernal de Valgrande-Pajares nos que ademais levaranse a cabo actividades complementarias ou alternativas no caso de que non se poida esquiar.
A actividade está dirixida a participantes de 12 a 15 anos inclusive, cumpridos a 31 de decembro do 2023. Para poder optar ás prazas, os interesados deben estar empadroados no Concello de Malpica, onde deben anotarse presentando a ficha no Departamento de Deportes. O prazo para formalizar a inscrición remata o 1 de decembro do 2023.

Para a formalización da inscrición, as persoas interesadas deben  entregar a seguinte documentación:

Ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada polo pai e a nai, ou de ser o caso, polo titor. Fotocopia da tarxeta sanitaria. Fotocopia do carné de identidade do neno ou libro de familia.Copia do aboamento da cota de inscrición (cando a praza estea con­firmada e no número de conta dado pola Deputación e publicado na súa web).

No caso de que o/a neno/a tivese tratamento ou doenza que teñan que ser tidos en conta, axuntarase certi­ficado médico asinado por facultativo/a. De igual xeito, no caso de medicación especí­fica ou alerxia alimentaria ou doutro tipo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha