Malpica incrementa en máis de 1.100 horas mensuais o SAF para persoas dependentes

PIXABAY

  • Con esta mellora, que supón unha inversión de 172.700 euros, o Concello busca reducir as listas de agarda no municipio

O Concello de Malpica, grazas á Consellería de Política Social, incrementa en 1.107 horas ao mes o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) para persoas dependentes. Con esta mellora, que supón unha inversión de 172.700 euros, o Concello busca reducir as listas de agarda no municipio.

Este aumento súmase ás 4.073 horas mensuais das que xa dispoñía a veciñanza malpicá, unha cifra que chega agora ás 5.180 horas por mes sumando un total de 62.160 horas anuais.

O alcalde, Eduardo Parga, agradeceu a colaboración da Xunta para «poder seguir facilitando a vida de moitas persoas que necesitan do coidado e do apoio diario para saír adiante».