O Concello de Malpica iniciou os traballos para cortar os eucaliptos no xacemento Croa do Castro. Estes labores preséntanse como o paso previo aos de escavación que se acometerán neste lugar. Como explica o alcalde de Malpica, Walter Pardo, “estas intervencións no xacemento supoñen seguir avanzando no plan de conservación, preservación e posta en valor do noso patrimonio pétreo e natural”.