0
O Concello de Malpica segue a mellorar os camiños municipais. Neste caso teñen previsto levar a cabo unha actuación que consistirá na mellora da capa de rodadura dos camiños de Pernes ata A Pedrosa. A empresa López Cao S. L. será a encargada de executar os traballos, que contan cun investimento total de 53.699,55€.