Malpica investirá máis de 631.000 euros de remanente nun importante plan de obras

1 minutes read

O Concello de Malpica aprobou en pleno o suplemento de crédito con cargo o remanente de tesourería para poder financiar a primeira fase dun importante plan de obras de necesario cumprimento e que precisan de actuación inmediata no municipio. Tras a aprobación, o alcalde, Eduardo Parga, destacou o compromiso do goberno local por “seguir incrementando a contía de investimentos para satisfacer as necesidades das parroquias, atender ás demandas de toda a veciñanza, mellorar a calidade de vida e seguir  impulsando  o progreso de Malpica”.

As 15 intervencións a realizar e que cuxa execución non se pode demorar a vindeiros exercicios son:

  • Mellora da capa de rodadura dos camiños en Alviño
  • Melloras na pavimentación da rúa Ramona Criado
  • Mellora da pavimentación dos camiños en Bicerrán
  • Mellora da pavimentación dos camiños en Cambre
  • Mellora da pavimentación dos camiños en Alviño
  • Mellora da pavimentación dos camiños en Beo, Piñeiros e Bicerrán
  • Melloras na travesía rúa Ventorrilo, rúa Escorial e Camiño de Sorrío
  • Mellora da capa de rodadura dos camiños de Pedra Queimada, Cerqueda e Seiruga
  • Mellora da capa de rodadura dos camiños de Pedreiriña
  • Mellora da capa de rodadura do camiño de Pernes
  • Mellora da capa de rodadura dos camiños de Pernes ata A Pedrosa
  • Mellora na pavimentación do camiño de Beo a Vigo
  • Acondicionamento na parroquia de San Xulián; rúa As Neves e camiño da Pedreiriña
  • Mellora da pavimentación do camiño da Pedrosa a Trémoa e ampliación do saneamento no Vilar
  • Mellora da capa de rodadura dos camiños en Asalo