42
O alcalde de Malpica, Eduardo Parga, e o concelleiro Miguel Ángel Fernández Mirás, acompañaron este sábado aos voluntarios de Protección Civil de Malpica á entrega de medallas ao mérito de Protección Civil e de distintivos de permanencia na Protección Civil de Galicia, que se celebrou no Concello da Estrada. José Iván Muíño Facal recibiu a medalla de bronce ao mérito de Protección Civil de Galicia e o distintivo de permanecía e Adrián Verdes recibiu o distintivo de permanencia.