- Será no Ecomuseo Forno do Forte, o 5 de xuño, grazas á entidade Terra Atlántica
O Ecomuseo Forno do Forte de Buño, no concello de Malpica, acollerá no mes de xuño un laboratorio artístico, por petición da entidade Terra Atlántica, para crear unha nova peza representativa dos valores da Costa da Morte. Será o xoves 5, de 12.00 horas a 20.00 horas.
Poden participar todas aquelas persoas e colectivos artísticos ou artesáns maiores de idade. As inscricición poden formalizarse nesta ligazón antes das 23.59 horas do 22 de maio. O número de participantes está limitado a 15 intervencións.
Para a selección das obras, no laboratorio teranse en conta varios criterios como o seu carácter innovador (creatividade, orixinalidade), a calidade da proposta (concepto, materiais) e a visión integral e ampla da Costa da Morte.
Xurado e premios
O xurado estará composto por un membro da Xunta Directiva do GDR Costa da Morte e dúas persoas relacionadas co mundo da artesanía, da arte e da cultura. As tres mellores obras levarán un premio de 300, 200 e 100 euros.
Consulta aquí as bases.