Malpica lanza unha nova programación de actividades culturais para todos os públicos

1 minutes read

O Concello de Malpica, a través da Concellería de Cultura a cargo de Noelia Freijeiro, lanza unha ampla programación de actividades culturais para o curso 2022/2023 que inclúe un total de catro cursos: animación teatral, arte, obradoiro de barro e obradoiro de coiro.

A animación teatral e arte levarase a cabo dende outubro a maio. O obradoiro de barro desenrolarase de outubro a decembro e o obradoiro de coiro de xaneiro a marzo.

As actividades son en horario de tarde e impartiranse tanto en Malpica coma en Buño (agás o obradoiro de barro que só terá lugar en Buño).

As prazas deben solicitarse no Departamento de Cultura de Malpica ou chamando ao 981 707 104, en horario de 10.00 a 13.00 horas.

As persoas interesadas tamén poden descargar os formularios para inscribirse  na páxina web: www.concellomalpica.com