25
O Concello de Malpica licita a mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2022-2028. Unha parte das obras faranse desde o Camiño de Pontella ata o Oratorio de Mens e, a outra parte, desde o camiño do Oratorio ata o río de Vaa. A empresa encargada de realizar as melloras será Mantemento Forestal MG, S.L. e o prezo da licitación da obra ascende a un total de 64.358,69€.
O subministro e instalación de mobiliario e o equipamento do Centro de Día do Concello de Malpica de Bergantiños correrá a cargo da empresa Suministros Técnicos de Galicia, S.L. (SUTEGA S.L.). O Concello licitou a obra por un total de 21.249,75€.