Malpica mellorará a capa de rodadura e recollida de pluviais no camiño do núcleo de Filgueira, en Cerqueda

Arquivo.

O Concello de Malpica celebrou este xoves, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos da Casa do Concello, unha sesión extraordinaria na que se trataron dous asuntos vinculados ao Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) «POS+ Adicional 4/2025» da Deputación Provincial da Coruña.

O primeiro punto da orde do día referíase á participación do Concello na primeira fase do plan, que o goberno local decidiu destinar a gasto corrente por un importe de 25.577,62 euros. A proposta foi aprobada con 5 votos a favor (PP) e 7 abstencións (AIM, PSOE e BNG).

O segundo punto trataba da participación na segunda fase do plan, na que a proposta do grupo de goberno consistía no proxecto de mellora da capa de rodadura e recollida de pluviais no camiño do núcleo de Filgueira, na parroquia de Cerqueda, cun investimento previsto de 151.291,16 euros.
A votación obtivo o mesmo resultado: 5 votos a favor (PP) e 7 abstencións (AIM, PSOE e BNG).

Related posts

Aprobado un investimento para a mellora integral da travesía de Bembibre, en Val do Dubra

O Concello de Ponteceso reforza a seguridade viaria entre Cores e Santa Cruz

A Laracha está presente na terceira edición do Festival das Artes de Les Sables d’Olonne