47
- Non estará permitido facer lume a menos de 50 metros de masa forestal e as cachelas non excederán os 3 metros de alto
O Concello de Malpica, así coma outros municipios da Costa da Morte, sinalou que as lumaradas de San Xoán só se poderán celebrar en propiedades privadas.
‘É unha decisión moi meditada. A pandemia provocada pola COVID-19 fixo modificar moitos dos nosos hábitos, costumes e tamén modo de festexar; […] teremos que buscar alternativas para darlle a benvida ao verán’, incidiu o rexedor, Walter Pardo.
Desde o Concello comunican que estarán permitidas en espazos privados, atendendo a unha serie de recomendacións:
- Será obrigatorio que os promotores adecenten o terreo antes de realizar as queimas.
- Non estará permitido facer lume a menos de 50 metros de masa forestal e as cachelas non excederán os 3 metros de alto.
- Non estará permitido realizar fogueiras, barbacoas, lumaradas e derivados a menos de 20 metros de calquera edificio ou elementos de tendido eléctrico.
- Os promotores deberán organizar esta actividade contando cos elementos de seguridade e extinción pertinentes.