Malpica | Novo percorrido para a recollida de residuos urbanos especiais

2 minutes read
  • A empresa Collecting Oil recolle aceite de cociña usado, pequenos electrodomésticos, tixolas, roupa ou pilas, entre outros

O Concello de Malpica anuncia novas datas de recollida de residuos especiais como parte da campaña de fomento de boas prácticas de reciclaxe. Ata o vindeiro de 4 de abril a empresa Collecting Oil será a encargada de recolla de aceite de cociña usados, graxas e manteiras, pilas ou baterías, lámpadas, pequenos electrodomésticos ou aparellos electrónicos, consumibles de impresores, roupa ou utensilios de metal como potas e tixolas, entre outros.

O día da recollida os residuos deberanse deixar nun lugar accesible antes das 9:00 horas.

Ruta:

Martes 22: zona polígono industrial, Buño, Aldeola, O Ceán, A Lagoa, Loroxo, Algadán, Pozacas- Leduzo, Taraio e Cerqueda.
Mércores 23: Pasacondia, Cortés, Filgueira, A Fonte dos Bois, Seixas, Vilarnovo, Piñeiros, rúa Ventorrillo, Pedra Queimada, As Neves, A Camuza, Travesía I A Camuza A, rúa Ventorrillo e Escorial.
Xoves 24: rúa Emilio González Lopez, Areal, Praza de Santa Lucía, Igrexa, Agros, Praza Fonte Vella, Barreiro, travesía Orxeira, rúa Orxeira, travesía 1 As Neves e travesía 5 Río.
Venres 25: rúa As Neves, travesía 2 Río, travesía 3 Neves, travesía 5 Neves, rúa Neves B, travesía 7 Río, travesía 4 Río, travesía 6 Río, rúa Agra do Río, travesía 2 Río, travesía 1 Río, rúa Camiño do Río e Eduardo Vila Fano.
Luns 28: praza do Cruceiro, rúa Tío Paz, rúa San Ramón, travesía 1 San Ramón, travesía 2 San Ramón, Atalaia, Altamira, rúa Ramona Criado, rúa Mestra, rúa Caldeirón, rúa Eduardo Pondal, rúa Patria Galega, rúa Campo, rúa Areal, rúa Carreixo do Muiño, rúa Antonio Montero e rúa Praia.
Martes 29: rúa Guardia Pardines, rúa Areal, rúa Doctor Fleming, Canido, rúa A Camuza C, estrada DP4307 dende Malpica ata o desvío cara a Santiso, travesía 2 A Camuza, travesía 3 A Camuza, A Camuza C, Cancela de Areas, Vista Pedrediña, Camiño da Vist, rúa Agra de Lucas e rúa Amado.
Mércores 30: estrada DP 4307 dende o desvío cara a Santiso ata Beo, estrada DP4305 hacia Santiso, Santiso, Pontevella, Cova, Castiñeiro, Sorrio, A Fonte Dorta, O Petón, rúa A Horta Nova, O Seixo, A Orxeira e estrada Santo Hadrian.
Xoves 31: Beo, Vigo, estrada DP 4307 dende o Beo ata Seiruga e Seiruga.
Venres 1 de abril: Campelo, Barizo, porto de Barizo, avenida Agra de Lamas, porto do Fondo, As Casas Novas e Mens.
Luns 4 de abril: Mens, O Miñón, Asalo, Bocelo e Badarra.