- O Concello, en colaboración coa Consellería de Educación, completou a limpeza do contorno do centro
A nova e colorida imaxe que loce o instituto malpicán Urbano Lugrís foi posible grazas ao traballo dos seus propios alumnos, que pintaron a separación entre o exterior e o interior do recinto escolar. O Concello, en colaboración coa Consellería de Educación, completou a limpeza da contorna do centro, mellorando o pavimento e a estrutura do peche con auga a presión. Tamén se podaron as árbores e se acondicionaron os espazos verdes.
O goberno local agradeceu á rapazada «o esforzo por darlle unha nova imaxe ás instalacións, que agardamos que se manteñan en boas condicións durante moito tempo».