Malpica | O antigo Centro Comarcal de Buño acolle unha nova exposición sobre as mulleres do mar

Concello de Malpica

  • A inauguración de ‘Matriarcas. Unha oda ás mulleres do mar’ será este domingo, 30 de xullo, ás 12 horas.

No marco do proxecto itinerante ‘Un mercado en cada porto. Mulleres artesás de Galicia’, que se celebrará este domingo en Malpica, o departamento de Cultura do Concello organiza a exposición ‘Matriarcas. Unha oda ás mulleres do mar’.

A inauuración será no antigo Centro Comarcal de Buño ás 12:00 horas. Durante o domingo a mostra poderá verse ata as 14:00 horas, pero o público poderá desfrutala todo o mes de agosto en horario de 10:30 a 14:30 horas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha