- A convocatoria abrirase nos vindeiros días e deberá realizarse a través da sede electrónica municipal
As entidadades culturais sen ánimo de lucro do concello de Malpica recibirán da Administración local 20.000 euros en axudas para dinamizar o asociacionismo e a cultura entre a veciñanza. «Trátase dunha convocatoria dunha enorme importancia para o tecido asociativo do municipio e, por extensión, para as opcións de ocio e cultura da nosa veciñanza», explicou a concelleira de Cultura, Noelia Freijeiro.
As bases reguladoras xa están publicadas no Boletín Oficial da Provincia do pasado martes, 26 de outubro, e a convocatoria abrirase nos vindeiros días. Deberá tramitarse neste enlace.