26
- Contan cunha cuberta tipo sándwich, aseos e duchas
O alcalde de Malpica, Eduardo Parga, e a concelleira de Deportes, Noelia Freijeiro, entregaron este venres as chaves dos novos vestiarios do campo municipal de Xaviña, en Buño, a membros dos equipos de fútbol do Buño SCD e da UD Cerqueda.
Os novos vestiarios, situados nun edificio anexo ao campo de fútbol, contan cunha cuberta tipo sándwich de imitación a tella curva e un muro cunha fronte de bloque cerámico. No seu interior albergan bancos de madeiras, aseos e duchas. Ademais, o vestiario para o conxunto arbitral dispón de mesa e cadeiras.