33
- Angelita Souto conseguiu unha ánfora de barro de Alfarería Aparicio tras acertar a autoría da peza no Facebook municipal
Xa coñecemos á persoa agraciada no primeiro sorteo do concurso Presumamos do noso orgullo oleiro!, organizado pola Concellaría de Olaría do Concello de Malpica para visibilizar a tradición oleira.
Angelita Souto Rojo acertou no Facebook municipal a autoría dunha ánfora de barro que, neste caso, foi realizada en Alfarería Aparicio. O premio para a gañadora é a propia peza.