Malpica | O evento teatral ‘Naufraxios na Costa da Morte’ adiado polo mal tempo


Levarase a cabo o 16 de setembro ás 21.30 horas, na Ermida de Santo Hadrián. Os creadores teatrais, da compañía aAntena, achegará as historias de Naufraxios a Malpica para dar a coñecer a cultura inmaterial da Costa da Morte a través dos naufraxios que forman parte do imaxinario colectivo da comarca. Unha obra que descubrirá os naufraxios que afectaron as vidas humanas e á historia da navegación; que vencellaron culturas, mitos e lendas.