17
A cita será este sábado, o Concello de Malpica celebrará un obradoiro de iniciación á confección e reparación de artes de pesca. Está previsto realizar unha visita guiada ás 12:00 horas no porto. As persoas interesadas poden inscribirse no 981 71 15 20. Ademais, dentro desta xornada, que comeza ás 10:00 horas na sala de conferencias do CAT, terá lugar o faladoiro baixo o título ‘Introdución á elaboración de redes e outras artes de pesca’, e de 11:00 a 12:00 horas visitarase a exposición ‘As redeiras e o mar’ tamén no CAT. Con esta actividade buscan dar a coñecer un oficio fundamental no ámbito da pesca, un dos sectores máis importantes de Malpica.