Malpica oferta un obradoiro para aprender a manexar dispositivos dixitais

1 minutes read

O Concello de Malpica organiza un obradoiro para que todo veciño ou veciña poida gozar das vantaxes que nos ofrecen os dispositivos dixitais (móbiles, ordenadores, tabletas…) como facer xestións administrativas en liña ou navegar pola rede.

O taller terá lugar os días 13, 18, 20, 25 e 27 de outubro e vaise impartir en dúas quendas: a primeira será de 9.30h a 11.15h na aula de música do Centro Cívico de Malpica e a segunda, de 11.30h a 13.15h en Buño, na aula de informática na Casa do Oleiro.

Os interesados e interesadas nesta actividade poden reservar praza no departamento de Servizos Sociais ou no teléfono 981 720 280. As prazas serán adxudicadas por orde de inscrición.