Malpica ofrece ‘paseos guiados pola vila’


Volven un verán máis os paseos teatralizados por Malpica con Suso Martinez, historiador, guía e actor. As persoas participantes poderán sumerxirse nas historias lugrisianas, morfoloxías mariñeiras e lendas célticas.

Dende a concellería de Turismo do Concello de Malpica animan a todo o mundo a participar nestes paseos teatralizados  que se levarán a cabo os seguintes días:

Domingo: 14 agosto ás 19:00 h.

Domingo: 21 agosto ás 12:00 h.

Domingo: 28 agosto ás 19:00 h.

A saída dos paseos serán dende a oficina de turismo e terá unha duración de 1 hora e media. As prazas son limitadas a 30 persoas, podes inscribirte chamando ó 981 72 03 18 – 981 72 03 19 ou auxiliarmalpica@gmail.com