Malpica ofrecerá de balde este mes un Obradoiro de Risoterapia

1 minutes read

A concellería de Asuntos Sociais do Concello de Malpica organiza un Obradoiro de Risoterapia para axudarlle á cidadanía a xestionar a dor, o estrés e os sentimentos negativos a través da risa e o humor.

As clases son gratuítas e serán os días 13, 15, 20 e 22 de setembro no Auditorio do Centro Cívico de Malpica en horario de tarde (De 18.00h a 20.15h).

Os interesados en participar nesta iniciativa, na que se farán xogos e exercicios de risa, entre outras actividades, xa poden reservar a súa praza acudindo ao departamento de Servizos Sociais de Malpica ou chamando ao teléfono 981 720 280.  As prazas son limitadas e adxudicaranse por orde de inscrición.