Malpica | ‘Onde nace o fume’ triunfa coa súa estrea no Ecomuseo Forno do Forte de Buño

1 minutes read
  • Trátase dunha obra de teatro que leva ao público polos recunchos do histórico lugar.

Este sábado, ás 12.00 horas, os actores Yago Espasandín e Raquel Crespo representaron a obra Onde nace o fume nun lugar emblemático de Malpica: o Ecomuseo Forno do Forte de Buño.

Máis dunha vintena de persoas asistiron a esta visita teatralizada escrita pola dramaturga Susana Crespo e que contou coa colaboración do Concello de Malpica e a Deputación da Coruña.

Onde nace o fume trasladou aos asistentes aos anos 40, onde dous irmáns procedentes dunha familia de oleiros de Buño contan como é vivir deste oficio durante a que eles pensan que é a súa última xornada.

Estas visitas teatralizadas son de balde e seguirán celebrándose o sábado 23 xullo e o 13 e 20 de agosto de 12.00 a 13.00 horas.